NOTICIAS
Como xa bén sabedes vimos de vivir unha certa situación de precariedade, na que nos estamos vendo expost@s. Non está demáis nunca, que tomemos cartas no asunto; posto que a gravidade cada vez é maior.
NON ÁS AGRESIÓNS O PERSOAL

Nesta convocatoria tentamos de conseguir que estes feitos que acontecen, sexan visibles e que se poida remediar. Nesta, a nosa área, comezan a ser alarmantes os casos de agresión.
Se nos remitimos os datos que constan:
Son Centos de traballadores do Servizo Galego de Saúde (Sergas) os que veñen de sufrir agresions físicas e verbais cada ano, moi poucos chegan a denunciar. Solo no ano 2023, se rexistraron 460 incidentes que afectaron a 502 profesionais. Dos citados datos anteriores, o número de denuncias foi de 16.
Tan so dez profesionais do Sergas recibiron asistencia legal da Xunta da Galiza no ano 2024 en sete procesos xudiciais por agresións.
Os datos falan por si solos. Únete e di NON AS AGRESIÓNS.


