Permisos e licenzas
Permisos Familiares. Permiso por accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario:
Duración: Familiar de 1º grao. ou persoa convivinte que requira do seu coidado: 5 días hábiles.
Familiar de 2º grao: 4 días hábiles
Permiso por falecemento
Duración: Familiar de 1º grao: 3 días hábiles se é na mesma localidade,
5 días hábiles, se é en distinta localidade.
Familiar de 2º grao: 2 días hábiles se é na mesma localidade,
4 días hábiles, se é en distinta localidade.
Permiso parental para coidado de fillo/a ou menor acollido por máis de un ano: está pendente de regular a súa retribución e o seu desfrute no ámbito do SERGAS.
Duración: Máximo 8 semanas, continuas ou descontinuas, ata que o menor cumpra 8 anos. Pode gozarse a tempo completo, ou a tempo parcial, por semanas completas. A persoa proxenitora especificará a data de inicio e de fin, cunha antelación mínima de 15 días. É un dereito individual, que non pode transferirse á outra persoa proxenitora. Cando concorra nas dúas persoas proxenitoras a solicitude do mesmo permiso pola mesma causa, poderase adiar temporalmente a concesión, previa xustificación por escrito ofrecendo un desfrute alternativo.
ACEPTACIÓN:
-Cunha antelación suficiente ao inicio do vínculo: minimo de 3 chamadas cun intervalo non inferior a 15 minutos entre as mesmas. De non ter resposta pasarase ao seguinte aspirante. (Cunha antelación inferior a 3 horas, aceptación voluntaria no primeiro chamamento e obrigatoria no segundo.
PENALIZACIÓN:
-Quen non atenda 10 ou máis chamadas nun prazo de 30 días a partires do día seguinte da primeira chamada non aceptada, será penalizad@ cun ano ao final da lista.
SUSPENSIÓN DE CHAMAMENTO DE REACTIVACIÓN AUTOMÁTICA
1) Falecemento dun familiar ata segundo grao. (3 días)
2)Hospitalización por enfermidade grave de familiar ata primeiro grao. (3 días)
3)Cumprimento dun deber público inescusable. (Propio día)
4)Consulta médica de AE no SERGAS do aspirante, fillos menores ou maiores o seu cargo. (Propio día)
5)Concorrencia a probas convocadas pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. (Propio día)
6)Asuntos propios sen xustificación, por unha vez ao ano. EXCEPTO período estival, Nadal e Semana Santa. ( 30 días
naturais máx.).
DURACIÓN
-Vacacións: 30 días naturais ou 22 días hábiles
-Vacacións adicionais: 1 día adicional ao cumprir os 15 anos de servizos prestados.
1 día adicional máis ao cumprir 20 anos de servizos prestados.
1 día adicional máis ao cumprir 25 anos de servizos prestados.
1 día adicional máis ao cumprir 30 anos de servizos prestados.
-Días de libre disposición: 6 días ao ano
-Días de libre disposición por antigüidade: 2 días ao cumprir o 6º trienio
3 días ao cumprir o 8º trienio
4 días ao cumprir o 9º trienio
5 días ao cumprir o 10º trienio
6 días ao cumprir o 11º trienio
7 días ao cumprir o 12º trienio
8 días ao cumprir o 13º trienio
9 días ao cumprir o 14º trienio
10 día ao cumprir o 15º trienio
-Matrimonio: 15 días naturais
-Traslado de domicilio: 1 día ou 2 días en familias de 2 ou máis persoas.
2 ou 4 días en distinta área.
-Exames finais/probas definitivas aptitude: polo tempo indispensable.
-Probas selectivas no emprego público: o día da súa realización.
-Formación: 28 horas.
-Deber inexcusable: polo tempo indispensable.
-Asistencia a consulta/revisión médica: polo tempo indispensable.
-Acompañamento a consulta/revisión médica: Só para 1º grao, polo tempo indispensable.
-Paternidade: 16 semanas.
-Accidente ou enfermidade grave /hospitalización/intervención cirúrxica de familiar:
1º grao: 5 días hábiles
2º grao: 4 días hábiles
-Falecemento:
1º grao: 3 días ou 5 días hábiles en distinta localidade.
2º grao: 2 días ou 4 días hábiles en distinta localidade.
-Accidente/enfermidade moi grave:
1º grao, 30 días naturais.
-Exames prenatais/preparación parto/asistencia tratamentos fecundación asistida:
Polo tempo indispensable.
-Por violencia de xénero: polo tempo indispensable.
-Lactación: 1 hora diaria, ou dúas fraccións de media hora.
(Permiso acumulado de 150 horas)
-Por mor do estado de xestación:
Do 1º día da semana 37 ata o parto.
-Por adopción/acollemento: 22 semanas.
-Por parto: 22 semanas.


